O MARTES 3 DE MAIO ÁBRENSE AS INSCRICIÓNS PARA O IV MAR DE MUROS TRÍATLON "TROFEO IVÁN RAÑA"5/3/2022 HOXE MARTES 3 DE MAIO ÁBRENSE AS INSCRICIÓNS PARA O IV MAR DE MUROS TRÍATLON TROFEO IVÁN RAÑA
A proba celebrarase na vila de Muros o 11 de xuño e será de carácter popular polo que poderán participar deportistas federadas/os en tríatlon e en ciclismo. Se queres coñecer máis polo miúdo as características da proba consulta o regulamento. En menos de 30 minutos agotáronse as 150 prazas para a 3ª edición do Mar de Muros Tríatlon "Trofeo Iván Raña" que se celebrará o vindeiro 12 de xuño en Muros. A proba inclúese dentro do calendario oficial da Federación Galega de Tríatlon (Fegatri) e terá carácter popular.
O próximo 24 de maio abriranse as inscricións para a 3 edición do Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña”.
A proba celebrarase na vila de Muros o 12 de xuño e será de carácter popular polo que poderán participar deportistas federadas/os en tríatlon e en ciclismo. O formato da proba adaptarase ao protocolo Covid19 da Fegatri. Se queres coñecer máis polo miúdo as características da proba consulta o regulamento. Dadas as circunstancias actuais, o prazo de inscrición para a 3ª edición do Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña posponse ata que a situación provocada polo Covid-19 volva á normalidade.
Na categoría masculina Brais Otero foi segundo en meta e Nico Domínguez, vencedor do pasado ano, acaba no terceiro lugar. Mentres na categoría feminina, Noelia Gómez faríase coa prata e Marta Gil co bronce.
Iván Raña e María González son o campión e a campioa do II Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña. Con dúas carreiras totalmente diferentes, demostraron ser os mellores. A maxia de Muros non deixou indiferente a ninguén e menos se cabe aos amantes do tríatlon. A segunda cita do Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña presentaba un circuíto apaixonante, cunha beleza paisaxística no sector ciclista a destacar. |