MAR DE MUROS TRÍATLON
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO
Search

IVÁN RAÑA GAÑA DOMINANDO A PROBA DE PRINCIPIO A FIN E MARÍA GONZÁLEZ FAI UNHA REMONTADA ESPECTACULAR PARA FACERSE COA VITORIA

6/10/2019

Comments

 
Imagen
Na categoría masculina Brais Otero foi segundo en meta e Nico Domínguez, vencedor do pasado ano, acaba no terceiro lugar. Mentres na categoría feminina, Noelia Gómez faríase coa prata e Marta Gil co bronce.

Iván Raña e María González son o campión e a campioa do II Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña. Con dúas carreiras totalmente diferentes, demostraron ser os mellores.
A maxia de Muros non deixou indiferente a ninguén e menos se cabe aos amantes do tríatlon. A segunda cita do Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña presentaba un circuíto apaixonante, cunha beleza paisaxística no sector ciclista a destacar.
A pesar de que nun principio o día se presentaba con ameaza de choiva, incluso chegaron a caer algunhas gotas, finalmente foi a xornada perfecta para a práctica deportiva, ata o uso de neopreno no sector de natación non foi obrigatorio ao estar a temperatura da auga nuns 16.8ºC.
Imagen
Na categoría masculina a carreira foi un monólogo do homenaxeado, Iván Raña, na natación tanto el coma César Pazos (Tríatlon Arteixo) saíron cuns 20 segundos de vantaxe sobre un grupo no que aparecían os irmáns Otero (Tríatlon Arcade Inforhouse), Pedro Pablo Bernárdez (Tríatlon Vilagarcía) e David Sanisidro (Tríatlon Arteixo).
Xa na T1, Iván Raña sairía en solitario e marcaría un ritmo demoledor dobrando participantes dende a primeira volta que a la postre lle permitiría chegar á T2 con máis de 2 minutos sobre Brais Otero, quen ocuparía o segundo caixón. Un dos máis rápidos neste sector foi Nico Domínguez (Disa HPS Tríatlon), que foi capaz de remontar o tempo perdido na natación. Na carreira a pé, Iván Raña correría sen moito esforzo en solitario e aínda así, batería o récord da proba e situaríao en 57 m 42 s. A segunda praza sería para Brais Otero que fixo unha carreira moi regular, situándose sempre no grupo perseguidor nos 3 sectores. A pouco menos de 10 segundos chegaría Nico Domínguez (gañador no 2018) que ocuparía o último posto do podio. Por último, destacar o 4º posto do muradán Manu Dosil (CC Muros Tríatlon).
Imagen
A carreira na categoría feminina foi totalmente diferente, xa o sector de natación permitiría a Noelia Gómez saír con case 2 minutos de vantaxe con respecto a Adriana Pensado (gañadora no 2018) e a Marta Gil (Club Tríatlon Coruña), e máis de 4 minutos sobre María González. O sector de ciclismo sería dominado por María González (Artrogal Tri 498) e Marta Gil, sendo está última quen de saltar ao último sector (carreira) en solitario. Pero todo ese tempo gañado co que partía, iríase esfumando. Con algo máis de 2 minutos de perda arrancaba María González, que no sector a pé daría un auténtica exhibición logrando un tempo espectacular de 19 m 19 s. Noelia Gómez tamén sería quen de remontar no último sector, pero non o suficiente para poñerse á cabeza. A vitoria final sería para María González, despois dunha espectacular remontada, e a segunda e terceira posición serían ocupadas por Noelia Gómez e María Gil respectivamente.
Desta forma María González consigue algo insólito ata a data en Muros, gañar o Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros e o Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña nun mesmo ano.
Imagen
O fin de festa tivo lugar no Curro da Praza, no que se lle brindou homenaxe a Iván Raña que recibiu unha placa conmemorativa por parte do Concello de Muros, así como a súa sinatura no Libro de Ouro municipal. Asegurouse tamén o seu nome na proba de aquí en diante.
A parte, tamén se fixo entrega aos tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina da proba. Como nota do día foi a sorpresa que recibiu o propio Iván Raña que foi agasallado cunha tarta de felicitación polo seu 40 aniversario, o cal tería lugar dous días despois de que se celebrase a proba. Tamén houbo tempo para unha exhibición de baile por parte de Dolores Brea e o seu alumnado.
Comments
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO