MAR DE MUROS TRÍATLON
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO
Search
1   NOME E DATA
III Mar De Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña
Sábado, 12 de xuño do 2021

 
2  ORGANIZA
Concello de Muros
triatlon.muros@gmail.com
981 762 294
 
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI)
fegatri@hotmail.com
982 251 345
 
3  COLABORAN
Policía Local de Muros
Protección Civil de Muros
Garda Civil de Muros
GES Muros
Secretaría Xeral para o Deporte
 
4   LUGAR DA PROBA
  • Lugar: Porto de Muros (Muros) A Coruña
  • Zona de boxes: Porto de Muros
  • Zona de aparcamento: Párking portuario de Muros
  • Centro de información e control da proba: Casa do Concello de Muros
  • Mapa: 42.774913 | Lonxitude: -9.056489
 
5  DATAS E HORARIOS DAS SAÍDAS
  • Data: sábado, 12 de xuño do 2021
  • Hora de comezo das saídas: 16.50 h
 
6  HORARIOS
15.15 a 16.15 h
Recollida de dorsais
Casa do Concello

15.30 a 16.40 h
Control de material
Transición

16.40 h
Cámara de chamadas
Varadoiro do porto

16.50 h
1ª saída
Varadoiro do porto

19.00 h (aproximado)
Chegada aprox. último participante
Porto

19.15 h (aproximado)
Entrega de trofeos
Zona de meta

 * Estímase a saída de 2 deportistas cada 10” cunha parada de 5’ cada 25 deportistas. Os horarios de cada saída, gradual, estableceranse definitivos unha vez finalizada a inscrición e publicaranse coa reunión técnica (Protocolos COVID19)
Será obrigatorio identificarse con licenza, DNI ou documento oficial con foto para acceder á zona pechada de seguridade acreditados/as.
 
7   DISTANCIAS
Tríatlon modalidade sprint
Natación: 750 m
Ciclismo: 20 km
Carreira a pé: 5 km
 
8  PARTICIPANTES E CATEGORÍAS
Neste evento poderán participar:
  • Todos/as os/as deportistas, nados/as no ano 2004 ou anteriores, federados/as FEGATRI con licenza en vigor na tempada 2021.
  • Deportistas con licenza da Federación Galega de Ciclismo, nados/as no ano 2004 ou anteriores, en virtude do convenio asinado entre as federacións galegas de ciclismo e tríatlon.
 
9  SERVIZOS E INSTALACIÓNS
  • Local para a organización e cronometraxe: Porto de Muros
  • Recollida de dorsais: Casa do Concello
 
10       INSCRICIÓNS
10.1. Prazo
  • Apertura: ás 10.00 h do 24/05/2021
  • Peche: ás 23.59 h do 08/06/2021

10.2. Número de prazas
  • Prazas: 150 por orde de formalización (completada)
A organización reservase 10 invitacións a maiores

10.3. Cota de inscrición
  • 18,00 €
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado: Regulamentos/Inscricións.
O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.

10.4. Persoas federadas
  • Clubs: Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas).
  • Deportistas individuais: Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.

10.5. Persoas con licenza da Federación Galega de Ciclismo
  • Deportistas con licenza de FGC (Federación Galega de Ciclismo):
Custo do seguro de 1 día de 2,20 €, que será asumido integramente pola organización.
Imprescindible, para que a inscrición de calquera deportista con licenza de ciclismo sexa válida, enviar a copia do DNI en vigor e documento de protección de datos que se pode descargar na seguinte ligazón https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/12/ficha-non-federados-1.docx. Esta documentación debe enviarse á Federación Galega de Tríatlon (fegatri@hotmail.com) a través da plataforma de inscricións.

10.6. Baixas e política de devolucións
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado non se farán devolucións.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.
No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición, estas serán anuladas e non se farán devolucións.

10.7. Publicación listas de persoas inscritas
Publicación da lista provisional: rematado o prazo de inscrición ou o xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamacións cando na lista se dea algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na lista...). É moi importante revisar esta lista para ter opción a reclamar se hai algún erro nela. Publicación da lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
  • Lista de espera:
Esgotadas as prazas abrirase unha lista de espera que se xestionará diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición. Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14.00 h do mesmo día. A última incorporación será feita o 9 de xuño ás 14.00 h.
 
11 PREMIOS
Entregaranse trofeos ás 3 primeiras persoas clasificadas da categoría masculina e feminina, aproximadamente 30 minutos despois de facer a entrada en meta a derradeira persoa clasificada.
 
12 INFORMACIÓN E CONTACTO
  • Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña”
  • Correo-e: triatlon.muros@gmail.com
  • Inscricións: www.fegatri.org
  • Web: triatlon.muros.gal
  • Facebook: @murostriatlon
  • Persoa de contacto: David Pastoriza (981 762 294)
 
13 REGULAMENTO
A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon e contemplará o protocolo preventivo COVID19 vixente na FEGATRI.
Regulamentos 2021 FETRI/FEGATRI
Protocolo Preventivo COVID 19 FEGATRI
 
14 SISTEMA DE CRONOMETRAXE
Sistema de cronometraxe con chip. Todos/as os/as deportistas recibirán un chip en aluguer xunto co seu dorsal que deberán devolver ao finalizar a proba.
 
15 PERCORRIDO E PLANOS DOS CIRCUÍTOS
15.1. Natación
Ver o regulamento no .pdf

 15.2. Ciclismo (4 voltas)
Ver o regulamento no .pdf
 
15.3. Carreira a pé (2 voltas)
Ver o regulamento no .pdf
 
16. NORMATIVA XERAL
Segundo se recolle no protocolo COVID-19 de aplicación á proba, citado neste regulamento, é de obrigado cumprimento para todas as persoas da proba, o seguinte:
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento, antes, durante e despois da práctica deportiva.
  • Uso de máscara en todo momento, coa única excepción do momento da práctica deportiva.
  • Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
  • Non acudir á proba en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.
En caso de detección, ou auto detección, de sospeita de COVID-19 no contorno da proba, seguiranse as directrices establecidas no punto 4.3 do protocolo FEGATRI.
Infórmase aos/ás deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.

16.1. Procedemento de saídas
Saída gradual, con 2 corredores saíndo cada 10”, cada un dende o seu caixón de saída, e cunha separación lateral de 2 m entre corredores. Entre cada grupo de 25 deportistas, haberá unha separación de 5 minutos para comezar coas seguinte saída.
Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara aos caixóns de presaída segundo o vaian indicando os oficiais e persoal de organización.
Xusto antes de entrar nos caixóns de presaída, os/as corredores/as poderán quitar a máscara e desbotala no contedor habilitado nese punto a tal efecto.
Se un/unha deportista presente non toma a saída no momento que lle corresponde, quedará a xuízo do DT permitirlle ou non tomar despois a saída, como moi pronto na última quenda, e asignándolle en calquera caso o tempo de saída que inicialmente lle correspondía.

16.2. Chegada a meta
Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de postmeta, onde primeiramente se lles fará entrega dunha máscara que deberán colocar inmediatamente, depositarán os seus chips nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de postmeta. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.

16.3. Recollida de dorsais e chips de cronometraxe
Na zona habilitada, o día da proba. Poderanse establecer tramos horarios de recollida ordenados por dorsal que serán publicados na reunión técnica online,  de cara a evitar aglomeracións. Así mesmo, manterase sempre un fluxo único de movemento de deportistas para recoller o dorsal, co fin de facilitar o cumprimento das distancias de seguridade.

16.4. Gardarroupa
Non haberá gardarroupa. O/a deportista recibirá unha bolsa na que deberá gardar todas as súas pertenzas que non sexan para competir, deixando a mesma  pechada no seu espazo en transición.

16.5. Avituallamentos
Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de postmeta. Procedemento de avituallamento segundo se recolle no protocolo COVID-19 da FEGATRI.
 
17 PLAN DE SEGURIDADE
17.1. Datos do seguro de accidentes
  • A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e  os deportistas estarán cubertos polo seguro obrigatorio de accidentes tramitado pola FEGATRI.
  • A póliza do Seguro deportivo obrigatorio e protocolo de actuación pode consultarse na seguinte ligazón https://fegatri.org/seguro-deportivo/
17.2. Ambulancia
  • Certificado de contratación
  • A ambulancia asistencial estará situada na zona de saída - chegada –transición
17.3. Médico
17.4. Vehículos. Control da carreira
  • Policía Local
  • Garda Civil
  • GES (Grupo de Emerxencias Municipais)
  • Protección Civil de Muros
  • Motos de persoas voluntarias, para abrir e pechar circuíto, acompañamento e control de carreira no sector ciclista por parte dos oficiais.
  • Embarcacións e kayaks
  • Bicicleta para abrir/pechar o sector de carreira a pé e control de oficiais.
17.5. Voluntariado
  • Persoas voluntarias baixo orde da organización para a entrega de dorsais, cubrir puntos de retorno, contavoltas, axuda en xeral.
  • Persoas voluntarias de Protección Civil para cubrir cruces e controlar plan de seguridade.
  • Persoas voluntarias con motos para seguimento do sector ciclista.
  • Protección Civil de Muros.
REGULAMENTO III MAR DE MUROS TRÍATLON "TROFEO IVÁN RAÑA"
File Size: 639 kb
File Type: pdf
Download File

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • NOVAS
  • EDICIÓN 2022
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
  • EDICIÓN 2021
    • CARTEL
    • REGULAMENTO
    • LISTA DE DORSAIS
    • CLASIFICACIÓN
    • INSCRICIÓNS
  • EDICIÓN 2019
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • EDICIÓN 2018
    • REGULAMENTO
    • CARTEL
    • LISTA DE DORSAIS
    • GUÍA DO/A TRIATLETA
    • CLASIFICACIÓNS
  • CONTACTO