REGULAMENTO da proba popular sprint IV Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña”
Artigo 1. Organizan
1. Concello de Muros con enderezo no Curro da Praza, 1, 15250 Muros, A Coruña e número de teléfono 981 762 294.
2. Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (FEGATRI) con enderezo na rúa Castelao, 21, 27001 Lugo e número de teléfono 982 251 345.
Artigo 2. Colaboran
– Policía Local de Muros
– Protección Civil de Muros
– Garda Civil de Muros
– GES Muros
– Secretaría Xeral para o Deporte
Artigo 3. Localización da proba
a) Saída: porto de Muros
b) Zona de transición: porto de Muros
c) Centro de información e control da proba: casa do Concello de Muros
d) Zona de aparcamento recomendada: parque empresarial de Muros
Artigo 4. Data
Sábado, 11 de xuño de 2022
Artigo 5. Horarios
5.1. Horarios: proba sprint popular
Horario
Acto
15.30 a 16.30
Recollida de dorsais
16.00 a 16.45
Control de material
16.50
Cámara de chamadas
17.00
Saída
17:10
Saída feminina
19:00
Hora estimada de remate da proba
19.15 (aproximado)
Entrega de premios
Artigo 6. Distancias
Distancia
Natación
Ciclismo
Carreira a pé 2
Sprint
750 m
20 km (4 voltas)
5 km (4 voltas)
Artigo 7. Participantes e categorías
7.1. Proba sprint popular
– Número máximo de prazas: 150
– Licenzas: todas as persoas deportistas nadas no ano 2005 ou en anos anteriores, con licenza de tríatlon da temporada en vigor, que tramiten a licenza temporal de 1 día da FEGATRI ou posúan unha licenza en vigor na Federación Galega de Ciclismo.
Artigo 8. Servizos e instalacións
a) Local para organización e cronometraxe: porto de Muros
b) Recollida de dorsais e garda roupa: casa do Concello de Muros
c) Vestiarios e duchas: (Non se habilitarán debido polo Protocolo COVID-19)
Artigo 9. Inscricións
Abriranse as inscricións o 3 de maio de 2022 ás 10.00 a través da plataforma da Federación Galega de Tríatlon.
9.1. Proba sprint: popular
– Limitada a 150 participantes
– Reservas: 75 prazas para cada xénero
– A reserva de prazas por xénero estará activa ata ás 10.00 do 20 de maio de 2022. A partir desta data, poderán ser ocupadas polo outro xénero ata completar o límite de prazas.
– Prezo: 18,00 €
– A organización resérvase 10 prazas a maiores das 150 ofertadas.
9.2. Prazos de inscrición
– Do 3 ao 20 de maio: inscrición reservada a 75 prazas por xénero.
– Do 21 maio ao 7 de xuño: inscrición libre de deportistas ata completar as prazas
9.3. Procedemento de inscrición
a) Clubs
Accederán a través do apartado competicións, picando en competicións/regulamentos/inscricións e accedendo á carreira de referencia. Unha vez que se accede á carreira picarase na ligazón “inscrición” e introducirase o código do club (o código a utilizar é o mesmo que o do programa de licenzas).
b) Deportistas con licenza de tríatlon
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario. O pagamento da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
c) Deportistas con licenza temporal de 1 día (non federados):
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza temporal de 1 día. O abonamento da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
d) Deportistas con licenza de FGC (Federación Galega de Ciclismo):
A inscrición realizarase online, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado competicións/regulamentos/inscricións. Deberán introducir os datos persoais que figuran no formulario de deportistas con licenza de ciclismo e tramitaráselles licenza temporal de 1 día. O pagamento da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
Será imprescindible, para que a inscrición de tramitación de calquera seguro de 1 día sexa válida, enviar:
– A copia do DNI en vigor á Federación Galega de Tríatlon ([email protected]) a través da plataforma de inscricións.
9.5. Baixas e devolucións
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo electrónico [email protected], antes do remate do prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.
No caso de inscricións incompletas, que non se axusten ao regulamento ou falta de documentación, rematado o prazo de inscrición serán anuladas e non se farán devolucións.
9.6. Publicación da lista de persoas inscritas
a) Lista provisional
O xoves anterior á proba publicarase a lista provisional de persoas inscritas (esta admite reclamacións cando na lista se dea algún erro debido ao manexo dos datos pola Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas na lista...). É moi importante revisar esta lista para ter opción a reclamar se houbese algún erro.
b) Lista definitiva
O venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
c) Lista de agarda
Esgotadas as prazas en calquera das saídas, abrirase unha lista de espera que se xestionará diariamente, por orde de inscrición, segundo as vacantes que se vaian producindo e ata o remate do prazo de inscrición. Comunicarase ao/á participante correspondente, da lista de espera, por correo electrónico a vacante, dándolle prazo para formalizar a inscrición ata as 14.00 do mesmo día. A última incorporación farase o 8 de xuño ás 14.00.
Artigo 10. Premios
Entregaranse medallas/trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas (masculina e feminina).
A entrega de trofeos realizarase aproximadamente 30 minutos despois de facer a entrada en meta o/a derradeiro/a clasificado/a. Segundo o “Artigo 8.6 do Regulamento de competición FEGATRI. Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25,00 € e 50,00 € respectivamente e non poderá participar nas seguintes probas ata o seu pagamento"
Como exención COVID-19 calquera deportista que non poida quedar á entrega deberá avisar ao delegado técnico ou xuíz árbitro.
Artigo 11. Contacto
– Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña”
– Enderezo electrónico: [email protected]
– Inscricións: https://fegatri.org/probas-regulamento/
– Persoa de contacto: David Pastoriza Fernández
– Teléfono de contacto: 981 762 294
Artigo 12. Planos do circuíto
Consultar o regulamento en PDF
Artigo 13. Regulamento e normativas
A proba rexerase polas normativas e regulamentos vixentes da Federación Galega de Tríatlon e Federación Española de Tríatlon e contemplará o protocolo preventivo FISICOVID/DXT vixente da FEGATRI certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.
a) Regulamentos 2022 FETRI/FEGATRI
b) Protocolo preventivo COVID-19 FEGATRI
Artigo 14. Normativa xeral
Como se recolle no protocolo FISICOVID-DXT para prevención da propagación da COVID-19, citado na cabeceira deste regulamento, é de obrigado cumprimento para todas as persoas da proba, o seguinte:
– Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento, salvo durante a práctica deportiva.
– Uso de máscara en todo momento nos espazos interiores.
– Evitar lugares concorridos, aglomeracións de persoas ou saúdo con contacto físico.
– Non acudir á proba se presentan síntomas compatibles coa COVID-19, febre ou contacto estreito recente con positivos.
No caso de detección ou autodetección, de sospeita de COVID-19 no entorno da proba, seguiranse as directrices vixentes establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
Infórmase ás persoas deportistas de máis de 60 anos de que existe un maior risco de consecuencias graves en caso de contaxio e recoméndase unha maior toma de medidas preventivas pola súa parte.
14.1. Procedemento de saídas
Dez minutos antes do comezo da saída, as persoas deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, e irán avanzando cara aos caixóns de pre-saída segundo llo vaian indicando os oficiais.
14.2. Acreditación control de material
Para acreditarse, os/as deportistas deberán presentar, o DNI ou documento oficial con foto e acudir á entrada do control de material con todos os dorsais colocados e o equipamento regulamentario. Os/as oficiais farán a revisión visual do mesmo
14.3. Chegada á meta
Unha vez que as persoas participantes pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de pos-meta, depositarán os seus chips nos recipientes habilitados (se non son en propiedade) e pasarán a avituallarse e saír da zona de pos-meta. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba.
14.4. Recollida de dorsais e chips de cronometraxe
No local da organización, o día da proba, dende as 15.30 h ata media hora antes de cada saída. En función do número de persoas inscritas, e de filas de recollida de dorsais, poderanse establecer tramos horarios de recollida ordenados por dorsal de cara a evitar aglomeracións. Estes tramos serán publicados con antelación na páxina web do evento. Así mesmo, manterase sempre un fluxo único de movemento de deportistas para recoller o dorsal, co fin de facilitar o cumprimento das distancias de seguridade.
14.5. Gardarroupa
Será xestionado pola organización seguindo os procedementos preventivos establecidos no protocolo FISICOVID/DXT da FEGATRI certificado pola Secretaria Xeral para o Deporte.
14.5. Avituallamento
Avituallamento líquido no segmento de carreira a pé, e avituallamento líquido e sólido na zona de pos-meta. Procedemento de avituallamento segundo se recolle no protocolo preventivo FISICOVID-DXT da FEGATRI.
14.6. Reunión técnica
Publicarase online o xoves antes da proba, na páxina web da FEGATRI, toda aquela información técnica que non veña xa recollida neste regulamento ou que poida sufrir modificacións.
14.7. Plan de seguridade
a) Datos do seguro de accidentes
A proba conta cun seguro de responsabilidade Civil Nº DA R11 237 que o organizador, Concello de Muros, ten contratado coa compañía Helvetia Compañía Suíza, S.A. de Seguros y Reaseguros, e a de accidentes (SURNE N` 2022012030432) que cubre a través do Seguro Deportivo Obrigatorio aos e ás deportistas participantes na proba, a través da licenza subscrita na Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno. As pólizas de accidentes e protocolos de actuación poden consultarse na seguinte ligazón https://fegatri.org/federacion/seguro-deportivo/
b) Ambulancia
– A ambulancia asistencial
c) Médico
d) Vehículos. Control da carreira.
– Policía Local
– Garda Civil
– GES (Grupo de Emerxencias Municipais)
– Protección Civil de Muros
– Motocicletas, para abrir e pechar circuíto, acompañamento e control de carreira no sector ciclista por parte dos oficiais.
– Bicicleta para abrir/pechar o sector de carreira a pé e control de oficiais.
e) Persoal
– Persoal baixo orde da organización para entrega de dorsais, cubrir puntos de retorno, contavoltas e axuda en xeral
– Protección Civil de Muros
Haz clic aquí para editar.

REGULAMENTO IV MAR DE MUROS TRÍATLON "TROFEO IVÁN RAÑA" |