Muros | 04.06.2018. O de Bergondo, Nicolás Rodríguez (Disa Hps Triatlon), tivo claro dende o inicio do sector de ciclismo que non podería gañar a proba esperando á carreira a pé. Ou mellor dito: tivo claro que quería gañar a proba. Aferrouse ás súas armas, neste caso a bicicleta. Nadou forte, puxo un ritmo moi alto na bicicleta que provocou o corte e correu a un ritmo moi rápido para alzarse como campión. Se quería conseguilo tiña que ser agresivo e provocar cortes no sector de ciclismo e iso produciuse na última volta, xa que despois dun durísimo ataque, logrou rachar o grupo de 6 unidades na que destacaba a presenza de mozos como Arturo Ramos ou Martín Casal (ambos do Club Triatlón Compostela). Nun primeiro momento marchouse só pero aos 300 metros e despois dun grande esforzo, Estebán Rodríguez (In Side Logistics Aguere) logrou contactar con el. Á saída da T2, o reloxo contaba os segundos, que chegaban e superaban o minuto, para informar coa marxe que terían que defender Nicolás Rodríguez e Estebán Rodríguez fronte ao grupo perseguidor e o deportista local, Manuel Dosil (Olímpico de Vedra). Librarían os 5 quilómetros ao límite, coa gacela Manuel Dosil remontando rapidamente neste sector (no que foi o máis rápido) e no que finalmente remontaría ata a terceira praza, quedando a escasos 9 segundos de Estebán Rodríguez que sería finalmente segundo. Domínguez aguantou e camiñou en solitario. Levouse o triunfo da proba e o recoñecemento do público e dos rivais. Na categoría feminina a cousa resultou ben distinta porque dende o primeiro sector de natación a compostelá, Adriana Pensado (Tríatlon Arcade Inforhouse), marcou unha gran diferencia respecto ao resto de rivais. Arrancou da T1 con máis de 2 minutos de diferenza respecto a Laura Caamaño (Kurai), segunda en saír da auga. E baixouse a T2, agrandando esa diferenza en máis de 6 minutos respecto a Laura Caamaño e en 3 minutos a Estefanía Abelenda (Tríatlon Arteixo). Estas grandes diferenzas non fixeran que Adriana se relaxara e seguiu correndo cara a proclamarse campioa do I Mar de Muros Tríatlon cunhas diferenzas finais de máis de 8 minutos coa segunda clasificada que foi Estefanía Abelenda e de 12 minutos con Laura Martínez (Kurai), que se subiría ao terceiro caixón no seu debut. Clasificacións: https://my4.raceresult.com/99654/ Vídeo completo da proba: https://youtu.be/m9NvvG-hD_w O I Mar de Muros Tríatlon terá lugar este sábado 2 de xuño na vila de Muros. Un evento deportivo único na zona e que se une a citas da contorna como o Triparalelo na Pobra do Caramiñal ou o Tríatlon de Negreira. Mar de Muros Tríatlon é un motivo de alegría para volver vivir o espectáculo do tríatlon na vila mariñeira de Muros e na súa ría (a máis setentrional das Rías Baixas). Partimos cun obxectivo claro, volver gozar dun deporte espectacular que se adapta perfectamente ás características da vila por e para o mar. Tempo atrás, máis de 15 anos, no palmarés das últimas edicións dunha proba de tríatlon en Muros atopabámonos con nomes como Javier Gomez Noya, Cristina Azanza Moreno, Carlos Prieto ou Saleta Castro Nogueira (triatleta)... Hoxe as premisas cambiaron, as competicións son diferentes e máis numerosas. QUE SE OFRECE? 1. Ofrecemos a toda persoa amante do deporte a posibilidade de practicar un deporte tan bonito e espectacular como é o tríatlon. Cremos firmemente na proposta de que o triatleta popular é a base do tríatlon e a iso débese a explosión que viviu como disciplina deportiva nos últimos anos. Para iso, contamos cunha inscrición accesible para todos e todas e sen restricións, un trato próximo ao deportista... 2. Poder gozar dunha contorna e uns circuítos espectaculares próximos para sentir o alento por parte do público. Un sector de natación visible en todo o seu traxecto situado na propia dársena marítima, un sector ciclista no que se pode contemplar a beleza de Monte Louro (montaña illa) e un tramo final de carreira a pé polo paseo marítimo da vila de Muros. 3. Responsabilidade social, xa que non é unha proba coa que o Concello queira lucrase, facilitaremos a todas as persoas participantes a posibilidade de doar unha parte da súa inscrición a unha ONG. 4. Buscamos a satisfacción das persoas participantes, que queden contentos, “gañarnos os seus calendarios” e que sentan como na súa casa... Ademais que para nós é moi importante retomar unha proba que se celebrou fai máis de quince de anos no noso concello e que significou unha novidade dentro do ámbito deportivo galego. CIRCUÍTOS - Natación: 750 m totalmente visibles para o público. Saída desde o antigo varadoiro antigo de embarcacións do porto de Muros con chegada ao pantalán destinado ás embarcacións tradicionais. - Ciclismo: 4 voltas a un circuíto de 5 km con escasa dureza e espectacular. Permite contemplar un dos lugares máis idílicos de todo o municipio, Monte Louro. - Carreira a pé: 4 voltas a un circuíto de 1,25 km polo paseo marítimo da vila de Muros. Esta proba nace por interese do Concello de Muros en volver gozar dun deporte como o tríatlon que hai máis de 15 anos deixounos a visita de todo un pentacampeón do mundo, Javier Gómez Noya. PARTICIPANTES A DESTACAR Categoría masculina: - Nicolás Domínguez (Disa Hps Triatlon): natural de Bergondo e de 35 anos. - Manuel Dosil (Olímpico de Vedra): natural de Muros e de 35 anos. - Manuel Abuín (Olímpico de Vedra): natural de Lestrove e de 31 anos. - Cristián Muíño (AD Mediaducia): natural de Coristanco e de 26 anos. - Fady Hout (Club Natación Liceo): natural da Coruña e de 44 anos - Arturo Ramos (Club Tríatlon Compostela): natural de Santa Comba e de 18 anos Mención especial para Manuel Raña, pai do campión do mundo de tríatlon, Iván Raña. Categoría feminina: - Iria Campos (Artrogal Tri 498): natural de Lalín e de 31 anos - Natalia Raña: natural de Ordes e de 40 anos (irmán de Iván Raña) - Adriana Pensado (Tríatlon Arcade Inforhouse): natural de Compostela e de 23 anos. Equipos: Destacar a presenza dos numerosos deportistas dos equipos Triatlón Arcade Inforhouse (Compostela) e do club Artrogal Tri 498. PREMIOS - Categoría masculina: 1º clasificado: 100,00 € 2º clasificado: 60,00 € 3º clasificado: 40,00 € - Categoría feminina: 1ª clasificada: 100,00 € 2ª clasificada: 60,00 € 3ª clasificada: 40,00 € ESPECIAIS Ferreteria Dosil S.L. Primeiro e primeira clasificada do Concello de Muros. Vale por 50,00 € a trocar no establecemento Ferretería Dosil SL. A PROBA EN DIRECTO Cubrirase a proba en directo vía streaming a través do portal Live SinSon, ademais os espectadores e espectadoras poderán seguir en situ todo o desenvolvemento a través dunha pantalla xigante que estará colocada na zona de transición. Contaranse con cámaras fixas e móbiles así coma cun dron. O Concello de Muros fai unha aposta fixa porque o tríatlon Mar de Muros se converta nunha proba de primeiro nivel galego así como un reclamo de turismo deportivo que nos permita promocionar a nosa contorna. CORTE DE ESTRADA, INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A VECIÑANZA A estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico o sábado 2 de xuño entre os puntos quilométricos 40,5 a 38,0 en dirección Muros - Cee, puntos que se corresponden coa zona da lonxa vella e coa da estación depuradora de xunta ao cámping “A Vouga”. A hora do corte será de 16:45 a 18:30 horas. Contarase con persoal da Policía Local, Garda Civil, GES MUROS e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións. En canto ao aparcamento dende o venres 01/06 (á tarde) ata o sábado 02/06 (ata o remate da proba) non se poderá estacionar na zona portuaria situada dende o Kiosko Roque ata a altura do Bar Ancla. MÁIS INFO Facebook: @murostriatlon Web: triatlon.muros.gal COLABORAN Ferreteria Dosil S.L. Distribuciones Eleuterio Balayo Eroski Deportes Arturo Construccións Domingo González Espina & Delfín Club Ciclista Muros - C.C.Muros Club de Remo Muros Mar de Muros Tríatlon é un motivo de alegría para poder volver vivir o espectáculo do tríatlon no pobo mariñeiro de Muros e na súa ría (a máis setentrional das Rías Baixas). Partimos cun obxectivo claro, volver gozar dun deporte espectacular que se adapta perfectamente ás características do pobo por e para o mar. Tempo atrás, máis de 15 anos, no palmarés das últimas edicións dunha proba de tríatlon en Muros atopabámonos con nomes como Javier Gómez Noya, Cristina Azanza, Carlos Prieto ou Saleta Castro, hoxe as premisas cambiaron, as competicións son diferentes e máis numerosas. Que ofrecemos? 1. Ofrecemos a toda persoa amante do deporte a posibilidade de practicar un deporte tan bonito e espectacular como é o tríatlon. Cremos firmemente na proposta de que o triatleta popular é a base do tríatlon e a iso débese a explosión que viviu como disciplina deportiva nos últimos anos. Para iso, contamos cunha inscrición accesible para todos e sen restricións, un trato próximo ao deportista... 2. Poder gozar dunha contorna e uns circuítos espectaculares próximos para sentir o alento por parte do público. Un sector de natación visible en todo o seu traxecto situado na propia dársena marítima, un sector ciclista no que se pode contemplar a beleza de Monte Louro (inselberg, montaña illa) e un tramo final de carreira a pé polo paseo marítimo da vila de Muros. 3. Responsabilidade social, xa que non é unha proba coa que o Concello queira lucrase, facilitaremos a todas as persoas participantes a posibilidade de doar unha parte da súa inscrición a unha ONG. 4. Buscamos a satisfacción das persoas participantes, que queden contentos, "gañarnos os seus calendarios" e que sentan como na súa casa... Ademais que para nós é moi importante retomar unha proba que se celebrou fai máis dun quince de anos no noso concello e que significou ser unha novidade dentro do ámbito deportivo galego. Circuítos - Natación: 750 metros totalmente visibles para o público. Saída desde o varadero antigo de embarcacións do porto de Muros con chegada ao pantalán destinado ás embarcacións tradicionais. - Ciclismo: 4 voltas a un circuíto de 5 km con escasa dureza e espectacular. Permite contemplar un dos lugares máis idílicos de todo o municipio, Monte Louro. - Carreira a pé: 4 voltas a un circuíto de 2,5 km polo paseo marítimo da vila de Muros. Esta proba nace por interese do concello de Muros en volver gozar dun deporte como o tríatlon que hai máis de 15 anos deixounos a visita de todo un pentacampeón do mundo como Javier Gómez Noya. DATOS DE INTERESE: - Proba: I MAR DE MUROS TRÍATLON - Data: 2 de xuño de 2018. A saída será ás 17:00 horas. - Lugar: Muros (A Coruña) un dos pobos máis bonitos de Galicia, que conserva un centro histórico declarado Conxunto Histórico Artístico en 1970. Distancias: 750 m + 20 km + 5 km - Prezo: 20 euros, federados e non federados. Inclúe seguro de día para todos. Máximo 150 participantes. - Premios: triatlon.muros.gal - Máis información e inscricións: triatlon.muros.gal e emesports.es - Facebook: facebook.com/murostriatlon O vindeiro luns 12 marzo a partir das 10.00 h abriranse as inscricións para a primeira edición do Mar de Muros Tríatlon que terá lugar o vindeiro 2 de xuño. As inscricións poderán realizarse a través da web de EME Sports, www.emesports.es, na que se ofertarán un total de 150 prazas. No momento da inscrición poderás doar voluntariemente un 1,00 € a entidade Proactiva Open Arms. Tamén podes consultar o regulamento, circuítos, distancias... na web triatlon.muros.gal Enlace directo á inscrición: http://emesports.es/event/i-mar-de-muros-triatlon/ |