Departamento de comunicación do Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña Tras un ano de traballo, volve o deporte e o tríatlon a Muros. A segunda edición do Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña conta con máis forza e con importantes novidades que darán maior estabilidade á proba. A esencia segue sendo a mesma pero desta vez de maneira máis constante.
O II Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña terá lugar o sábado 8 de xuño, un tríatlon en formato sprint. O proba organizada polo Concello de Muros, desde a Concellaría de Deporte, homenaxeará nesta segunda edición a unha figura de talla mundial e emblema do deporte galego, Iván Raña. Foi moi difícil conseguir a presenza de Iván Raña, máis, tendo en conta que fai 8 anos que non participa nunha proba de tríatlon en Galicia. A II edición do Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña conta cos mesmos sinais de identidade da edición anterior, que nos levaron a esgotar as 150 prazas en menos de 10 horas. A proba en formato sprint fará desta cita unha auténtica festa deportiva tendo como centro neurálxico a vila de Muros. Para coñecer todos os detalles da proba podes consultar picando nesta ligazón. Información triatlon.muros.gal Facebook.com/triatlonmuros Twitter: @triatlonmuros II Mar de Muros Tríatlon - Trofeo Iván Raña Organiza: Concello de Muros Dirección: Concellaría de Deporte Entidades colaboradoras: Confraría de Pescadores de Muros, Portos de Galicia, Club Ciclista Muros, Club de Remo Muros, Os Salta Rejos e Protección Civil de Muros. Empresas colaboradoras: ESPS Parasanitaria, A Vianda, Ferretería Dosil, Gadis, Eroski Center Muros, Distribuciones Eleuterio Balayo, Espina & Delfín, Deportes Arturo. Cronometraxe e loxística: EME Sports |