O I Mar de Muros Tríatlon terá lugar este sábado 2 de xuño na vila de Muros. Un evento deportivo único na zona e que se une a citas da contorna como o Triparalelo na Pobra do Caramiñal ou o Tríatlon de Negreira. Mar de Muros Tríatlon é un motivo de alegría para volver vivir o espectáculo do tríatlon na vila mariñeira de Muros e na súa ría (a máis setentrional das Rías Baixas). Partimos cun obxectivo claro, volver gozar dun deporte espectacular que se adapta perfectamente ás características da vila por e para o mar. Tempo atrás, máis de 15 anos, no palmarés das últimas edicións dunha proba de tríatlon en Muros atopabámonos con nomes como Javier Gomez Noya, Cristina Azanza Moreno, Carlos Prieto ou Saleta Castro Nogueira (triatleta)... Hoxe as premisas cambiaron, as competicións son diferentes e máis numerosas. QUE SE OFRECE? 1. Ofrecemos a toda persoa amante do deporte a posibilidade de practicar un deporte tan bonito e espectacular como é o tríatlon. Cremos firmemente na proposta de que o triatleta popular é a base do tríatlon e a iso débese a explosión que viviu como disciplina deportiva nos últimos anos. Para iso, contamos cunha inscrición accesible para todos e todas e sen restricións, un trato próximo ao deportista... 2. Poder gozar dunha contorna e uns circuítos espectaculares próximos para sentir o alento por parte do público. Un sector de natación visible en todo o seu traxecto situado na propia dársena marítima, un sector ciclista no que se pode contemplar a beleza de Monte Louro (montaña illa) e un tramo final de carreira a pé polo paseo marítimo da vila de Muros. 3. Responsabilidade social, xa que non é unha proba coa que o Concello queira lucrase, facilitaremos a todas as persoas participantes a posibilidade de doar unha parte da súa inscrición a unha ONG. 4. Buscamos a satisfacción das persoas participantes, que queden contentos, “gañarnos os seus calendarios” e que sentan como na súa casa... Ademais que para nós é moi importante retomar unha proba que se celebrou fai máis de quince de anos no noso concello e que significou unha novidade dentro do ámbito deportivo galego. CIRCUÍTOS - Natación: 750 m totalmente visibles para o público. Saída desde o antigo varadoiro antigo de embarcacións do porto de Muros con chegada ao pantalán destinado ás embarcacións tradicionais. - Ciclismo: 4 voltas a un circuíto de 5 km con escasa dureza e espectacular. Permite contemplar un dos lugares máis idílicos de todo o municipio, Monte Louro. - Carreira a pé: 4 voltas a un circuíto de 1,25 km polo paseo marítimo da vila de Muros. Esta proba nace por interese do Concello de Muros en volver gozar dun deporte como o tríatlon que hai máis de 15 anos deixounos a visita de todo un pentacampeón do mundo, Javier Gómez Noya. PARTICIPANTES A DESTACAR Categoría masculina: - Nicolás Domínguez (Disa Hps Triatlon): natural de Bergondo e de 35 anos. - Manuel Dosil (Olímpico de Vedra): natural de Muros e de 35 anos. - Manuel Abuín (Olímpico de Vedra): natural de Lestrove e de 31 anos. - Cristián Muíño (AD Mediaducia): natural de Coristanco e de 26 anos. - Fady Hout (Club Natación Liceo): natural da Coruña e de 44 anos - Arturo Ramos (Club Tríatlon Compostela): natural de Santa Comba e de 18 anos Mención especial para Manuel Raña, pai do campión do mundo de tríatlon, Iván Raña. Categoría feminina: - Iria Campos (Artrogal Tri 498): natural de Lalín e de 31 anos - Natalia Raña: natural de Ordes e de 40 anos (irmán de Iván Raña) - Adriana Pensado (Tríatlon Arcade Inforhouse): natural de Compostela e de 23 anos. Equipos: Destacar a presenza dos numerosos deportistas dos equipos Triatlón Arcade Inforhouse (Compostela) e do club Artrogal Tri 498. PREMIOS - Categoría masculina: 1º clasificado: 100,00 € 2º clasificado: 60,00 € 3º clasificado: 40,00 € - Categoría feminina: 1ª clasificada: 100,00 € 2ª clasificada: 60,00 € 3ª clasificada: 40,00 € ESPECIAIS Ferreteria Dosil S.L. Primeiro e primeira clasificada do Concello de Muros. Vale por 50,00 € a trocar no establecemento Ferretería Dosil SL. A PROBA EN DIRECTO Cubrirase a proba en directo vía streaming a través do portal Live SinSon, ademais os espectadores e espectadoras poderán seguir en situ todo o desenvolvemento a través dunha pantalla xigante que estará colocada na zona de transición. Contaranse con cámaras fixas e móbiles así coma cun dron. O Concello de Muros fai unha aposta fixa porque o tríatlon Mar de Muros se converta nunha proba de primeiro nivel galego así como un reclamo de turismo deportivo que nos permita promocionar a nosa contorna. CORTE DE ESTRADA, INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A VECIÑANZA A estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico o sábado 2 de xuño entre os puntos quilométricos 40,5 a 38,0 en dirección Muros - Cee, puntos que se corresponden coa zona da lonxa vella e coa da estación depuradora de xunta ao cámping “A Vouga”. A hora do corte será de 16:45 a 18:30 horas. Contarase con persoal da Policía Local, Garda Civil, GES MUROS e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións. En canto ao aparcamento dende o venres 01/06 (á tarde) ata o sábado 02/06 (ata o remate da proba) non se poderá estacionar na zona portuaria situada dende o Kiosko Roque ata a altura do Bar Ancla. MÁIS INFO Facebook: @murostriatlon Web: triatlon.muros.gal COLABORAN Ferreteria Dosil S.L. Distribuciones Eleuterio Balayo Eroski Deportes Arturo Construccións Domingo González Espina & Delfín Club Ciclista Muros - C.C.Muros Club de Remo Muros |