Mar de Muros Tríatlon é un motivo de alegría para poder volver vivir o espectáculo do tríatlon no pobo mariñeiro de Muros e na súa ría (a máis setentrional das Rías Baixas). Partimos cun obxectivo claro, volver gozar dun deporte espectacular que se adapta perfectamente ás características do pobo por e para o mar. Tempo atrás, máis de 15 anos, no palmarés das últimas edicións dunha proba de tríatlon en Muros atopabámonos con nomes como Javier Gómez Noya, Cristina Azanza, Carlos Prieto ou Saleta Castro, hoxe as premisas cambiaron, as competicións son diferentes e máis numerosas. Que ofrecemos? 1. Ofrecemos a toda persoa amante do deporte a posibilidade de practicar un deporte tan bonito e espectacular como é o tríatlon. Cremos firmemente na proposta de que o triatleta popular é a base do tríatlon e a iso débese a explosión que viviu como disciplina deportiva nos últimos anos. Para iso, contamos cunha inscrición accesible para todos e sen restricións, un trato próximo ao deportista... 2. Poder gozar dunha contorna e uns circuítos espectaculares próximos para sentir o alento por parte do público. Un sector de natación visible en todo o seu traxecto situado na propia dársena marítima, un sector ciclista no que se pode contemplar a beleza de Monte Louro (inselberg, montaña illa) e un tramo final de carreira a pé polo paseo marítimo da vila de Muros. 3. Responsabilidade social, xa que non é unha proba coa que o Concello queira lucrase, facilitaremos a todas as persoas participantes a posibilidade de doar unha parte da súa inscrición a unha ONG. 4. Buscamos a satisfacción das persoas participantes, que queden contentos, "gañarnos os seus calendarios" e que sentan como na súa casa... Ademais que para nós é moi importante retomar unha proba que se celebrou fai máis dun quince de anos no noso concello e que significou ser unha novidade dentro do ámbito deportivo galego. Circuítos - Natación: 750 metros totalmente visibles para o público. Saída desde o varadero antigo de embarcacións do porto de Muros con chegada ao pantalán destinado ás embarcacións tradicionais. - Ciclismo: 4 voltas a un circuíto de 5 km con escasa dureza e espectacular. Permite contemplar un dos lugares máis idílicos de todo o municipio, Monte Louro. - Carreira a pé: 4 voltas a un circuíto de 2,5 km polo paseo marítimo da vila de Muros. Esta proba nace por interese do concello de Muros en volver gozar dun deporte como o tríatlon que hai máis de 15 anos deixounos a visita de todo un pentacampeón do mundo como Javier Gómez Noya. DATOS DE INTERESE: - Proba: I MAR DE MUROS TRÍATLON - Data: 2 de xuño de 2018. A saída será ás 17:00 horas. - Lugar: Muros (A Coruña) un dos pobos máis bonitos de Galicia, que conserva un centro histórico declarado Conxunto Histórico Artístico en 1970. Distancias: 750 m + 20 km + 5 km - Prezo: 20 euros, federados e non federados. Inclúe seguro de día para todos. Máximo 150 participantes. - Premios: triatlon.muros.gal - Máis información e inscricións: triatlon.muros.gal e emesports.es - Facebook: facebook.com/murostriatlon |